lunes 8 de agosto de 2011

O Festival Bla Bla Bla fará tremer a aldea de Meiro o próximo venres 12 de Agosto.

O Bar Labranza e a Asociación Cultural Ei Carballeira! presentan o Festival Bla Bla Bla que terá lugar no Recinto da Morada (Meiro, Bueu) o venres 12 de Agosto a partir das 22h00


O Bar Labranza e a Asociación Cultural Ei Carballeira! presentan o Festival Bla Bla Bla que terá lugar no Recinto da Morada (Meiro, Bueu) ovenres 12 de Agosto a partir das 22h00 coas actuacións de Cró! (Experimental/ Rock/ Visual, Vigo) Lisergic Proyect (pop/rock, Pontevedra);Unicornibot (rock/progresivo, Pontevedra); 1994! (math/emo/rock, Pennsylvania); Algernon Cadwallader (emo/rock, Philadelphia).

O Festival Bla Bla Bla nace no Bar Labranza en Meiro a mediados do mes de xullo. Logo de uns anos programando actuacións en directo de todo tipo de estilo, tres compañeiros e a asociación cultural EI CARBALLEIRA! poñen en marcha un proxecto que xa fai tempo rodáballes pola cabeza, un festival nesta primeira edición rocanroleira pero que tocara outros estilos en vindeiras ocasións, un festival que aposta pola musica independente.

Algernon Cadwallader pasarán polo Festival Bla Bla Bla como peche da súa xira por España xunto os tamén americanos 1994!, na cal pasarán pola Sala Sidecar en Barcelona e pola Sala Nasti Club en Madrid. Lisergic Proyect e Unicornibot (Pontevedra) e Cró! (Vigo) completan o cartel.

Dende a organización esperan que o festival teña unha boa acollida dentro do sector de público interesado no rock independente e que poida saír a diante coa colaboración da xente. Trátase de un festival gratuíto e auto-subvencionado, así que a organización pide colaboración consumindo nas barras do festival xa que é o único modo de levalo a diante. Bla bla bla, 12 de Agosto en Meiro!